Na última década algo cambiou no panorama televisivo. Algunhas series foron as pioneiras en adquirir este tipo de tramas o que fixo que foran rompedoras. ¿Qué foi? Pensemos nas series que tiñan éxito nos 80-90, series como o equipo A, V ou a primeira versión de Galáctica. HabÃa algo común nestas series, os bos eran bos e os malos eran malos. Os bos eran de carácter nobre, non usaban nunca a traizón e normalmente trataban de non usar a violencia salvo que non quedara máis remedio. Por outra banda os malos eran traizoeiros, trataban de utilizar calquera artimaña para conseguir o seus fins. Isto é o que se coñece como personaxes planas.
Pero chegaron os 2000 é apareceu un novo tipo de series, as series que puxeron un fondo nos personaxes. The wire quizais foi un das primeiras onde os policÃas tiñan moitos chanchullos e os traficantes nalgúns casos eran vÃtimas da sociedade. Este transfondo tamén aparece en personaxes como Walter White –o protagonista de Breaking Bad- considerada unha das personaxes con maior evolución que empeza sendo unha vÃtima. Se prestamos atención a serie Galactica, apréciase moito a diferenza entre a versión clásica e ó remake.
A nova fórmula funciona pero é posible que na actualidade se estea a abusar de estas personaxes cambiantes. Esta claro que unha boa pelÃcula ou serie ten que ter sorpresas e derivas inesperadas. Nembargante estase a abusar tanto deste recurso que algunhas reaccións parecen non ter sentido. Este tipo de reaccións poden verse no último capÃtulo da guerra das galaxias ou en Xogo de Tronos. Na vida real tamén hai persoas planas, se ben o recurso de introducir personaxes profundos dota as obras de reaccións máis humanas o abuso volve as obras surrealistas.
Deixa unha resposta